Galicia

Xa non terás que acabar a carreira para ter na man o título de Bacharelato

Os máis de 47.000 títulos académicos de LOXE e LOE que cada ano se emiten en Galicia estarán a partir de agora informatizados, co que se axilizará de forma importante o proceso ao desaparecer a tramitación manual e os erros que se estaban a producir cos nomes e o número de documentos do alumnado, o que xeraba numerosos problemas.

A partir de agora Educación seguirá o longo camiño que seguen os expedientes para tramitarse, xa que van dos centros educativos ás delegacións correspondentes, de onde van á Consellería, e de aquí de volta aos centros de orixe. Coa nova aplicación informática quedarán interconectados aos servizos centrais da Consellería, non só os catro departamentos territoriais senón tamén cos 717 centros de Galicia, tanto privados como públicos e concertados que imparten ensinanzas que conducen ao logro dalgunha titulación académica.

Ademáis, novo sistema permitira o acceso á base de datos na que, ata hoxe, constan como expedidos 425.737 títulos dos distintos niveis da LOXSE.

También te puede interesar