_agenda Agenda

Andaina pola ruta da pedra e da auga

Que mellor que pasar o Día dos Namorados que paseando pola natureza acompañado de toda a familia. O grupo de senderismo ‘Andaina’, pertencente a Asociación Cultural ‘O Coto’, propón pasar o 14 de febreiro recorrendo os 12 quilómetros da ruta da pedra e da auga en Armenteira.

A hora de saída é ás 10:30 horas da mañán do Colexio Público Carballal-Cabral para facer un percorrido de dificultade baixa apto para todas as idades (máis información no 666 589 896). Hai que levar mochila e comida para pasala xornada. Tamén se permite ir vestido de vermello se se está moi namorado.

También te puede interesar