Comisións Obreiras organiza mañá no Hotel Coia (09:30 h.) unha xornada para explicar as implicacións que terá a construcción do Novo Hospital de Vigo. Segundo a central sindical, facelo con con capital privado significará “pagar por el cinco veces máis ca os intereses; diminuír persoal médico e de enfermaría coa deterioración grave da asistencia que iso implica“.
O responsable de Sanidade do mesmo ven de salientar que en Madrid e Valencia o persoal médico nalgún hospital reduciuse ata un 50%, que a privatización “abre a posibilidade, xa prevista, de introducir o copagamento, é dicir, non só pagar os impostos senón pagar cando un acuda ó centro sanitario: urxencias, consultas, etc“. CCOO advierte que a privatización supón a bancarrota do sistema sanitario “a débeda polo pago dos hospitais asfixia a sanidade madrileña e valenciana e os británicos, inventores deste sistema, agora o desbotan e a cidadanía, segundo as sondaxes, nun 83%, maniféstase en contra“.
Para deixar crara a súa postura, con datos e opinións de especialistas, o Comité Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo convoca “un debate” que sirva para clarexar “qué tipo de hospital necesitamos e queremos“.
Programa
09.30 horas.- Presentación Montserrat Carrera Leirós(Responsable de Política Social Unión Comarcal de CCOO de Vigo). Saúdo: Santos Hector Rodríguez Díaz (Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá de Vigo).
11.50 horas.- Continuación Relatorio “Financiamento e construción de hospitais públicos pola iniciativa de financiamento privado: resultados no Reino Unido“, Francisco Reyes Santias (Doutor en Económicas pola Facultade de Santiago. Epidemiólogo e Investigador Clínico do CHUS. Economista e Avogado).
Coloquio
13.00 horas.- Clausura José Cameselle Romero (Secretario Xeral Unión Comarcal de CCOO de Vigo).