A Concellería de Tráfico e Seguridade informou hoxe que,
debido a distintas obras de mellora, produciranse as seguintes alteracións temporais no tráfico:
Dende as 22:00 horas de hoxe luns, 15 de febreiro, e por un “periodo aproximado” dunha noite, pecharase ao tráfico a rúa González Sierra, no treito entre Alfonso X e Gran Vía, con acceso exclusivo para garaxes, por mor dos traballos de reparación do firme de pedra.
Tamén ás 22:00 horas deste luns, 15 de febreiro, e por un periodo aproximado de dous días, pecharase ao tráfico a rúa México con Brasil, con acceso exclusivo para garaxes, por mor das obras de reparación de saneamento.
Desde mañá martes, 16 de febreiro, ás 10:00 horas e por un periodo aproximado de quince meses, prevense retencións de tráfico na rúa Manuel Álvarez por mor das obras de canalización de saneamento.