As ambulancias do 061 tiveron que asistir a 102 personas por 83 accidentes de tráfico nas estradas galegas durante esta fin de semana, sendo o sábado o día con case o 50 por cento dos sinistros. A provincia de Pontevedra foi a máis accidentada, con 31 sinistros, seguida de A Coruña (27), Lugo (11) e Ourense (14).
O 64 por cento dos atendidos foron homes e máis do 54 por cento tiñan entre 15 e 34 anos. En total, 80 dos feridos foron trasladados a centros hospitalarios, 12 a Puntos de Atención Continuada e 10 lesionados foron atendidos no propio lugar do sinistro.
O último, esta mañá
O último dos accidentes produciuse esta mañá en Ponteareas, donde unha muller de 49 anos resultou ferida ao saírse da vía co coche que conducía por causas que aínda se descoñecen. Sucedeu sobre as 08 horas na A-52 e a muller foi trasladada ao Hospital Perpetuo Socorro con dolor cervical.
En Vigo
Esta fin de semana nas estradas viguesas producíronse 24 accidentes de circulación, 14 de eles con danos materiais e outros 10 con víctimas feridas de diversa consideración. O balace final déixanos un ferido grave tras un accidente o pasado 13 de febreiro sobre as 17:45 horas cando dous turismos chocaron frontalmente ao invadir un deles o sentido contrario na Baixada á Laxe. Entre os 17 feridos leves atópanse 10 conductores e sete ocupantes.