Cultura Literatura

A vida tomada polas mulleres

A presentación do libro 'Galegas. Retratos de igualdade'.
A presentación do libro 'Galegas. Retratos de igualdade'.

O rostro de 12 mulleres nos traballos  máis diversos, desde unha xefa de obra ou a patrona dunha cofradía ata unha empresaria do turismo do viño. Con texto de Carmen Sampedro e imaxes de Anxo Cabada, o libro ‘Galegas. Retratos de igualdade’ quere rendir homenaxe ás mulleres que abren camiño “tendo que demostrar máis que calquera home”.

Con esta obra quere facerse un recoñecemento ás mulleres anónimas que “loitan para facerse un oco” e contribuir a que os homes se impliquen na igualdade nunha sociedade na que aínda existen discriminacións en pleno século XXI.

Co libro tamén se pretende dar referentes femininos ás mozas e que vexan que hai mulleres traballando en profesións asociadas a homes. “É fundamental que saiban que ademais de princesas poden ser enxeñeiras, patronas de pesca, investigadoras ou o que queiran”, asegurou a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.

También te puede interesar