¿De verdade cres todo o que che contan? ¿Nunca paraches a cuestionalo? Por se ese é o teu caso, Greenpeace quere axudar a concienciarte da importancia de facer compras responsables e de non escoitar a publicidade cun divertido xogo on line. Trátase dun proxecto de sensibilización no que a través de dinámicas interactivas explícanse conceptos como o cambio climático ou a participación cidada de xeito ameno e práctico, tentando sensibilizar, informar e concienciar á poboación máis moza (a partir dos 13 anos).
Deste xeito, Greenpeace quere demostrar que é posible conxugar consumo, participación na sociedade e respecto ás persoas e o medio ambiente. O proxecto está pensado sobre todo para ser usado por docentes tanto de educación secundaria como de bacharelato e para xogar só tes que entrar na web desta asociación de xeito gratuito.