O músico californiano Chris Isaac presentará novo disco en Ourense, mentres que Luz Casal actuará a finais de maio en Pontevedra e Lugo, e o 22 de xullo en Santiago con motivo das Festas do Apóstolo. Por outra banda Fito y los Fitipaldis, actuará en Pontevedra e Ourense na promoción do seu último disco.
O músico californiano presenta o seu disco número once, Mr. Lucky, despois de tres anos de silencio, no que representa un discurso musical sobre o azar que viaxa do éxtase dos grandes romances aos agónicos infortunios do amor. Na súa nova obra mestra, Chris Isaac, amósase como un home afortunado, como el mesmo di “por todos os dores e praceres da vida, este é un mundo marabilloso e eu entendo que so nun dos tipos máis afortunados da terra: teño o traballo dos meus soños e sigo traballando nelo”.
Cantante, compositor, músico e actor, este artista californiano leva cativando desde fai máis de 25 años coa súa mestura pop de country, rockabilly y rock & roll. Con influencias de Elvis, Roy Orbison, o blues clásico e o country tradicional, posúe unha das mellores voces da escena. En 1989 conseguiu o seu primeiro gran éxito internacional co seu álbum Heart Shaped World e o seu single Wicked Game. Con 13 potentes álbums no seu haber preséntanos o seu último disco Mr. Lucky onde volve aos seus orixes máis americanos.
Isaac actuará o vindeiro 23 de xuño en Ourense, nos Xardíns do Posío, no que suporá o seu regreso a Galicia desde o concerto dos Mil Anos do Xacobeo 93. O californiano, ademais de presentar o seu último álbum conseguirá levarnos novamente aos 80 con éxitos como Wicked Game, Baby Did a Bad, Bad Thing ou Somebody´s Crying.
- Luz Casal e a expresión máis auténtica do bolero
A artista coruñesa Luz Casal achega ao seu público o seu duodécimo disco, La pasión, un homenaxe ao bolero latinoamericano na expresión máis enraizada da súa orixinalidade. O álbum é unha viaxe ao pasado, onde a artista interpreta os boleros desde a súa orixe, volvendo ao seu afán de pureza. Luz Casal realiza un percorrido en branco e negro polo xénero que dominou o universo musical latinoamericano durante a maior parte do século XX. A cantante galega fala do amor e do desamor, do rancor e da esperanza, servíndose das letras de grandes poetas dos anos 40, 50, 60 e 70 e sen esquecer o seu estilo directo e rotundo. Luz Casal.
A artista coruñesa deixará a súa pegada neste Xacobeo 2010 con tres concertos, concretamente o 28 de maio en Pontevedra (Centro Social Caixanova), o 29 de maio en Lugo (Auditorio Gustavo Freire) e o 22 de xullo en Santiago de Compostela (Praza da Quintana).
O concerto de Luz Casal na Praza da Quintana virá a engordar o programa Xacobeo para ás Festas do Apóstolo de Santiago. As festas maiores da capital galega locen unha lista de actuacións encabezada polo concerto de Mark Knofler no Multiusos Fontes do Sar o 28 de Xullo.
- Fito y los Fitipaldis
Os incombustibles Fito y los Fitipaldis, dirixidos por o compositor bilbaíno Fito Cabrales estarán doutra volta en Galicia con motivo do Xacobeo 2010. Dende 1998, a banda de Bilbao rompe co estilo do anterior grupo de Fito, Platero y tú, e confecciona unha música moi variada, desde o rock and roll ata o blues pasando polo soul ou o swing. A temática das súas letras adoita falar de historias persoais.
Fito y los Fitipaldis é un grupo español acostumado a posicionarse no cumio da música nacional. O seu álbum Por la boca vive el pez, conseguiu ser número 1 na lista de ventas de e ser Disco de Platino, con más de 100.000 copias vendidas, en menos de dúas semanas. Ademais, Fito & Fitipaldis converteuse na primeira banda da historia en colocar toda a súa discografía de estudio entre os 100 discos máis vendidos en España. No 2007 o grupo recibiu un Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos.
Fito y los Fitipaldis actuarán o 19 e 20 de marzo no Recinto Feiral de Pontevedra e no recinto de exposicións Expourense da cidade de Ourense. Ademais das novidades do último disco Fito achegará ao Xacobeo o repertorio dunha traxectoria repleta de éxitos.