Todo está preparado para que o hoxe, día festivo na cidade, Tui celebre o seu tradicional Desfile-Concurso de Entroido, que sairá ás 17:30 horas á rúa e percorrerá Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, perfectamente adornadas e iluminadas para a ocasión, o que custou 21.000 euros.
E máis de 600 persoas participarán nesta cita que este ano incorpora coma principal novidade a apertura do concurso a grupos, que serán os encargados de abrir o desfile seguidos das comparsas e carrozas. Os grupos inscritos para participar son ‘Polo puto aire’ e ‘A choiva dos pequenos’. Ademais, participarán 12 comparsas, 7 de Tui, 2 de Tomiño, 1 de Redondela, 1 de Gondomar e outra de Salceda. Nas súas recreacións haberá evocacións dos piratas somalís, o Xacobeo, os vikingos, unha festa medieval ou unha homenaxe a Michael Jackson.
En total 6.100 euros en premios e trofeos que este ano ten dúas novidosas categorías: a de Parodia, buscando recuperar o espíritu do entroido tudense, e 450 euros que o xurado poderá repartir ao seu antollo. Eso si, para poder optar aos premios e accésit as comparsas e grupos deberán acudir na súa totalidade de rigoroso loito ao Enterro do Bacallau, que se celebrará o domingo 21 de febreiro a partir das 19:30 horas.