Se eres festeiro, hoxe non darás abasto. O entroido chega ao seu fin en Vigo cunha xornada chea de convocatorias con animacións co rei, raíña, a súa queima, o deus Momo, os concursos de disfraces, charangas e demais familia antes do sepelio de despedida que terá lugar o vindeiro mércores, derradeiro día do entroido.
A xornada abrirase a patir das 17:45 horas na Praza da Constitución coa concentración da comitiva rexia e a animación polas rúas nun percorrido que comezará en Gamboa e irá por Victoria e a Praza de Compostela. Será aquín onde ás 18 horas comece o bicamáns do deus Momo, quen protagonizará o seu esvaecemento y posterior agonía.
Tamén na Praza de Compostela entre 18:15 e 20 horas celebrarase o concurso de disfraces, no que poderás inscribirte entre as 17 e as 18 horas. O concurso de charangas está convocado ás 20 horas na Praza da Constitutución. Como ven sendo habitual, dentro do programa festeiro do Entroido 2010, tamén haberá saídas dos merdeiros polas rúas e prazas do Casco Vello.
A xornada remata na Porta do Sol cunha verbena de 10:30 a 02 horas animada polas orquestras Charlestón e Miramar. No mesmo lugar, á hora bruxa (oo horas) comunicarase o falecemento do deus Momo e lerase o testamento a prol do seu fillo Momiño, así como o xuizo, sentenza e queima do rei e da raíña do Entroido 2010.