Destacados Vigo al minuto

As familias con nenos con enfermidades raras piden que se recoñeza a dependencia dende o nacemento

bebeFamilias de Vigo con fillos  que teñen enfermidades raras propoñen que a lexislación sobre a autonomía e dependencia debe contemplar como medida especial no tramo de 0 a 3 anos o recoñecemento e os dereitos das discapacidades conxénitas ou causadas durante o parto dende a data de nacemento do bebé, e non dende a data de realización da solicitude, como sucede na actualidade.

Así llelo fixeron saber estas familias aos membros do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI-Galicia), quen se comprometeron a apoiar a estas familias nas súas peticións.

Xeralmente, cando nace un neno ou nena con discapacidade, prodúcese un desequilibrio emocional e a necesidade de realizar adaptacións familiares para abordar a nova situación, o que pode provocar demoras no inicio dos trámites pertinentes para a solicitude de recoñecemento da dependencia. Isto supón tamén unha perda de dereitos do neno porque na actualidade a Administración non recoñece a dependencia con efectos retroactivos á data de nacemento.

También te puede interesar