Cen traballadores da factoría Levantina manifestáronse hoxe nas portas da mesma, no Polígono da Granxa. Aprobéitando o cambio de quenda, amosaron así o seu rexeitamento aos traslados forzosos, que, na suá opinión son só “novos despedimentos encubertos“.
Segundo denunciou a CIG, sete trabajadores, tres deles miembros do Comité de empresa, foron trasladados a Alacante, entre os mesmos hai duas traballadoras están acollidas a redución de xornada por coidado de fillos.
Dende a CIG-Construción consideran estes feitos como un “un exemplo de como entende a patronal o respeito polos dereitos á representación sindical e a obriga legal de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar”.
Concentración o sábado 20
Os traballadores e traballadoras de Levantina convocaron unha nova concentración, que desta volta será o sábado 20 ás 12 fronte ao Concello de O Porriño.O motivo da mesma, como das anteriores, segundo informan as centrais sindicais, é a de amosar o rexeitamento ás medidas adoptadas pola empresa, obrigando aos traslados, “o que na prática ven significar o despedimento e o inicio do desmantelamento de instalacións en O Porriño coa conseguinte perda de postos de traballo”.