O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe a proposta de acordo de suspensión de licenzas en Finca do Conde, polo que dito ámbito sufrirá unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda. José Mariño engadiu que, unha vez aprobada en Pleno a proposta, haberá que concretar a medida que se levará a cabo en dito ámbito, “donde se busca a legalidade urbanística para non incurrir nunha irresponsabilidade e novos problemas e sentenzas”.
Una nova licenza na Finca do Conde, en lugar da suspensión aprobada, suporía caer nos mismos erros que levaron a sentenzas dos tribunais en contra da licenza que levarían a ilegalidades urbanísticas que motivarían derribos e o pago de importantes compensacións económicas. De acordo co aprobado hoxe na Xerencia Municipal de Urbanismo, quedan anuladas todas as licenzas e o planeamento na citada finca. De esta maneira, a partir de agora, se traballará na nova propuesta que busque resolver os problemas xudicais que ten dito ámbito e os dotacionais que ten a cidade, subliñou Mariño.
O informe da proposta sobre o acordo de suspensión basease ante todo en que se traballe dentro da legalidade, supoña o menor dano aos cidadáns e o maior beneficio en asuntos dotacionais. Nese senso, o concelleiro de Urbanismo fixo fincapé en que a proposta está supeditada a que teña “seguridade xurídica“.
O concelleiro de Urbanismo aclarou que todos os informes de proposta nas diferentes fases do Plan Xeral iban firmados polo xerente de Urbanismo, “porque se é competente para facer as propostas de aprobación de todo un plan xeral, porque non é competente para modificar un 0,1% so mesmo?“.