Sete entidades deportivas asinaron esta mañá un convenio de colaboración co Concello de Redondela polo que se repartirán 97.200 euros para o desenvolvemento de diversas actividades do C.D. Choco, Balonmán Chapela, SAR, C.F. Chapela, Club de Remo Chapela, Redondela Fútbol Sala e Redondela Escola Fútbol Base.
Gracias a estes convenios as distintas entidades deportivas redondelanas comprométense a fomentar o deporte en cada unha das súas especialidades e a crear equipos de categorías alevíns, infantís ou xuvenís.