Galicia

Xunta e Goberno achegan posturas sobre 6 polémicos puntos da Lei de Caixas

O cuarto ‘round’ entre Goberno e Xunta pola Ley de Caixas acabou como empezou, sen acordo. Aínda que ámbalas partes conseguiron acercar as súas posturas sobre os 6 dos 10 preceptos recurridos ante o Tribunal Constitucional polo Estado, non hai un pacto global que satisfaga aos interesados e conclúa coa retirada do recurso.

E por primeira vez dende que comenzaron as negociacións o pasado 16 de febreiro ambos executivos levantáronse da mesa sen fixar data para o próximo encontro. A pesar de isto, o Goberno central asegura que a Lei de Caixas galega é un asunto prioritario. Sen embargo, analizando a reunión, a Xunta ve a dilatación nas negociacións como un intento de bloqueo do diálogo.

Polo menos pecharon acordos en seis asuntos sobre a base do negociado en anteriores reunións e, de feito, o conselleiro de Presidencia explicou que xa se poderían ter pechado no último encontro. “A Xunta está disposta a negociar ata onde faga falla”, indicou a conselleira de Facenda, que en todo caso advertiu que o límite está nas lexislacións doutras comunidades e en que non se produzan cambios substanciais sobre o texto aprobado polo Parlamento galego, como sucede no caso dos seis puntos pechados hoxe.

Os aspectos acordados refírense á regulación dos sistemas institucionais de protección (SIP), que terán un texto moi similar ao da Lei andaluza; ao rexistro de altos cargos, onde a Xunta aposta pola mesma redacción que a da norma catalana; ás entidades representativas de intereses colectivos, que será texto similar á Lei madrileña; ao feito de que se poidan nomear ata catro membros máis de recoñecido prestixio ao consello de administración que non estivesen representados nas asemblea; ao relativo á autorización de investimentos de obra social superiores a 500.000 euros; e a non citar o 31 de marzo como data límite para que as caixas teñan asinados os convenios.

Sobre os puntos en desacordo, Marta Fernández Currás indicou que a Xunta de Galicia ofreceu varios acordos interpretativos, que o Estado non aceptou, e denunciou que o Goberno central quixo introducir “cuestións engadidas sobre as xa formuladas no recurso de inconstitucionalidade”, como o caso da disposición transitoria segunda da nova lei.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.