Son 60 imaxes de seis fotógrafos galegos. A Casa do Concello de Xeneral Pueyrredón, na bonaerense Mar de Plata, é o escenario que acolle a exposición ‘Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010’ ata o vindeiro 22 de marzo. Nela, fotos de Demi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz sobre as rutas de peregrinación xacobeas nun lugar onde residen gran cantidade de galegos e descendentes, co que reforza a unión entre Buenos Aires e Galicia.
Organizada pola Xunta de Galicia para difundir en Arxentina o Xacobeo 2010, a mostra acaba de vir da localildade de Vila Gesell e visitará as localidades de Córdoba, Santa Fé, Mendoza, Bahía Blanca, Azul, Puerto Madryn, Comodoro Rivadavia, Río Gallegos e Ushuaia.