Nota de Prensa da Plataforma de Afectados pola Plisan.
A decisión tomada na sesión da Comisión de seguimento do convenio da PLISAN de 13 de Xaneiro de 2010 de agardar ao pronunciamento do Tribunal Supremo para pagar aos afectados pola expropiación da PLISAN (Porto Seco ) , e considerada pola Asociación de Afectados Pola PLISAN como manifestamente nula, ao ter tomado a decisión con absoluto desprezo do procedemento fixado para o funcionamento da Comisión, mesmo sen “quórum”.
A reunión só asistiron pola Zona Franca de Vigo a Sra. Pisano Avello, pola Autoridad Portuaria de Vigo, a Sr Corina Porro e O Sr Boné Pina, polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, con ausencia de un secretario, e sen referencia a convocatoria algunha previa. As normas de funcionamento da Comisión fixaba tres representantes por institución, a necesidade de designar un secretario, e a convocatoria previa .
Tampouco consta nas sucesivas actas coa que conta esta Asociación, que os reunidos fosen formalmente designados polas súas institucións como os seus representantes en esta Comisión, e constasen con poderes suficientes para tomar o acordo.
Os anteriores representas foran nomeados polo comité executivo da ZFV o 27/10/2006 , notificados por escrito, no caso da APV , e nomeados polo Director do IGVS, no caso de esta institución , como consta na acta de creación da Comisión.
A Comisión de Seguimento do Convenio foi creada o 09 de Febreiro de 2007, en cumprimento dos acordo entre os promotores da PLISAN de data 11 de Decembro de 2006. Na súa primeira sesión tomaron posesión os tres representantes de cada institución , nomeamento dos cales foi notificado por escrito aos IGVS. No caso da ZFV foi necesario un acordo do seu Comité Executivo.
A ausencia dos representantes habituais das institucións na sesión, que na súa maioría son funcionarios de aquelas , sustituídos para o caso polos seus mandos políticos , rebelan unha operación de “pasteleo” feita “ad hoc” para cubrir a esperpénticas razóns aducidas para non cumprir o convenio acordado polo goberno bipartito para o pago das indemnizacións polos dereitos mineiros aos afectados .A luz do contido de outras actas, parece imposible que os membros habituais tiveran tomado semellante decisión, en plena contradicción con acordos anteriores.