Hoxe, ás 8 e media da tarde (Centro Social a Revolra,Rúa Real, 32), a asamblea de parados do naval falará do seu proxecto e da situación do sector, e presentarán as novas liñas de acción e actividades para as próximas semanas. Esta palestra da asemblea de parados do naval estará acompañada da proxección dunha peza audiovisual coas súas accións e mobilizacións até o momento realizada polo colectivo audiovisual GzContrainfo.
Parados del Naval de manifiestan delante de Barreras. La Policía desaloja a los quince empleados del Naval que se habían encerrado en ala enfermería de Barreras. Dos parados del Naval encerrados en una grúa
Os trabajadores da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) volverán a concentrarse diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño, segundo informa a CIG “para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete deles de administración a Alacante, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo“.
O sindicato denuncia con estas mobilizacións tamén a “falta de respecto cara aos traballadores e á representación sindical“, e critica que detrás destes sete despedimentos da administración o que pretende a dirección da empresa é desmantelar o resto da fábrica en Galicia.