A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.
Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.
Ao disputarse ao aire libre as complicacións eran maiores, polo que a Secretaría Xeral optou pola súa suspensión, do mesmo xeito que o resto de actividades que inclúen un programa que neste curso escolar conta coa participación de máis de 40.000 nenos galegos.
O programa de deporte escolar incluye modalidades como natación sincronizada, bádminton, tríatlon, fútbol, baloncesto, balonmán ou o atletismo nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Ademáis levanse a cabo actividades lúdicos-recreativas que achegán aos colexios, dun xeito divertido, diferentes disciplinas.
A decisión foi inmediatamente comunicada ás federacións deportivas, aos clubs e aos responsables de Deporte Escolar en cada zona coa finalidade de que a medida xere os menos prexuízos posibles.
Así mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte informou a todas as federacións galegas da previsión de mal tempo que haberá este fin de semana en Galicia e deixa á súa decisión o desenvolvemento das competicións oficiais, xa son eles os responsables das mesmas facendo fincapé ás federacións na necesidade de que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias e que estuden a posibilidade de suspender as competicións se fose necesario.