Galicia

Os novos portos galegos adaptaranse aos discapacitados

silla-ruedas-accesibilidadPortos de Galicia presentou o “Plan de Accesibilidade para os portos náutico recreativos de Portos de Galicia. Concreción de medidas de aplicación xeral nos portos” en desenvolvemento do eixo “Naútica e cohesión social” do proxecto NEA 2. A xuntanza tivo lugar na localidade portuguesa de Figueira da Foz dentro da V Reunión transnacional de coordinación do proxecto NEA 2 (INTERREG IV B Espacio Atlántico).

O obxectivo é  facer das instalacións para a práctica da náutica recreativa do porto, incluíndo zonas de desembarco de pasaxeiros en peiraos, zonas accesibles as persoas con algún tipo de discapacidade.

Estas medidas serán tidas en contan na execución das futuras obras a desenvolver por Portos de Galicia e nas instalacións para a náutica recreativa xa executadas. Con este fin, o “Plan de Accesibilidade. Concreción de medidas de aplicación xeral nos portos” pretende converter a accesibilidade nun concepto fundamental da liña estratéxica de Portos de Galicia de facer os entornos portuarios e a práctica dos deportes náuticos accesible a todas as persoas.

O Plan de accesibilidade para os portos náutico recreativos recolle as medidas necesarias para facer das instalacións para a práctica da naútica recreativa, lugares accesibles para persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Os elementos principais que aborda este plan son a creación de prazas adaptadas para vehículos, a comunicación cos edificios no que se refire a medidas que inciden particularmente nas beirarrúas e nos vaos e pasos de peóns, ademais do acceso as instalacións e a posibilidade de acceder ao edificio en cadeira de rodas e sen auxilio de terceiras persoas.

Tamén foron presentadas medidas cara o interior das instalación, como son a posibilidade de desprazamento en cadeira de rodas por ramplas e ascensores axeitados e aseos adaptados e con posibilidade de manipulación operativa, entre outros. Finalmente no medio acuático destacaronse as especificacións a cumprir nun número limitado estruturas en pantaláns así como, itinerarios accesibles, con rampla de acceso a embarcacións o mesmo nivel que o punto de embarque e con pendentes máximas e varandas.

También te puede interesar