O Grupo de Axitación Social e Caleidoskopio invítante esta tarde a disfrutar da presentación de dous libros que son unha pequena mostra de resistencia ao capitalismo, de reinvindicación de dereitos sociais, de reparto da riqueza e rexeitamento do militarismo. Ás 20 horas, na Cova dos Ratos (rúa Romil 3) presentarase ‘Los pulsos de la intransigencia’, de Juantxo Estebaranz, que narra as loitas contra a central nuclear de Lemoiz, a autovía de Leizarán e o pantano de Itoiz. Ademáis, presentarase ‘El rapto’, a cargo de José Manuel Rojo, do Grupo Surrealista de Madrid.