Galicia

Sanidade promove a elaboración dunha guía clínica de prevención do suicidio

Vai dirixida a guía son todos aqueles profesionais sanitarios implicados no manexo da conduta suicida, ademais dos propios pacientes que teñan estas condutas e os seus familiares e achegados.

SuicidioO Grupo elaborador da Guía de práctica clínica de prevención e tratamento da conduta suicida vén de celebrar, en Santiago, a súa primeira reunión. A Guía abordará diferentes aspectos da conduta suicida e as súas recomendacións axudarán á toma de decisións sobre a súa prevención e tratamento, así como a diminuír a variabilidade na práctica clínica e, en consecuencia, a mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación.

Os principais usuarios aos que vai dirixida a guía son todos aqueles profesionais sanitarios implicados no manexo da conduta suicida, ademais dos propios pacientes que teñan estas condutas e os seus familiares e achegados.

Con esta Guía, a Administración sanitaria galega pretende mellorar a atención sanitaria prestada a estes enfermos, ademais de ofrecer recomendacións aos profesionais sanitarios para a atención a estas persoas. Asemade, grazas a esta publicación, desenvolveranse indicadores que van permitir avaliar a calidade asistencial.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, o suicidio provoca ao redor de 15 mortes por 100.000 habitantes e ano en todo o mundo. Se ben España se sitúa entre os países coas taxas de suicidio máis baixas de Europa.

 

 

También te puede interesar