Comarcas

A tudense Silvia Villaverde gaña por segundo ano o concurso de carteis de San Telmo

O cartaz gañador para anunciar as festas de San Telmo 2010.
O cartaz gañador para anunciar as festas de San Telmo 2010.

A fórmula resultoulle, porque será a encargada de dar cor aos carteis das festas de San Telmo 2010 en Tui. A tudense Silvia Villaverse gañou por segundo ano consecutivo o concurso de cartaces no que participaron 18 artistas con outro tantos traballos que poderán verse ata o venres no Edificio Área Panorámica de Tui.

Baixo o lema ‘Cores históricas‘, Villaverde presentou unha obra que salienta pola sua capacidade de comunicación. Tamén, aínda que non estaba previsto nas bases e a proposta do representante da Comisión de Festas de San Telmo, acordouse conceder un accesit ao cartel titulado ‘O derradeiro día’ pola súa orixinalidade, de Cándida Cabaleiro Barreiro.

A Concellería de Cultura de Tui quere apostar deste xeito polos deseñadores e creativos locais á hora de confeccionar o cartel das festas patronais, acadando unha obra máis representativa e participativa.

También te puede interesar