O Grupo de Axitación Social e Caleidoskopio invítante esta tarde a disfrutar da proxección de ‘A las 5 en punto‘, un documental sobre a folga xeral que no ano 1973 paralizou Uruguay durante 15 días para protestar contra o intento de golpe de estado. Ás 20:30 h na Cova dos Ratos poderá ver un filme que recupera para a memoria histórica de América Latina esta trascendente acción de desobediencia civil protagonizada polos traballadores do país unidos na CNT.
O relato desenvólvese sobre o testemuño dos protagonistas e dos que rexistraron os feitos, complementados coa rigurosa investigación histórica que sustenta e enriquece as testemuñas recollidas. A folga xeral de 1973 foi un dos acontecementos políticos e sociais máis importantes da Latinoamérica do século XX, unha acción contra o autoritarismo e un documental contra o olvido.