En total, 15 candidaturas é abagaxe coa que se presentará nos VIII Premios Mestre Mateo a película ‘Celda 211’, de Vaca Films, Morena Films e Telecinco. Mellor película, mellor actor protagonista e mellor dirección, serán algúns dos galardóns aos que opte a película que xa arrasou nos Goya e que lle valeu un premio a Luis Tosar. Máis de 100 obras e case 450 profesionais optaban a estos galardóns que otorga a Academia Galega do Audiovisual.
A celda de Tosar terá que competir con ‘Agallas‘, ‘Un bo home‘ e ‘Gordos‘ por levarse a estatuilla a casa e Daniel Monzón terá que verse as caras no galardón ao mellor director con Mario Iglesias (‘Reparto’), Daniel Sánchez Arévalo (‘Gordos’) e o conxunto de Jorge Coira, Alejo Hoijman, Marcos Loayza, Carolina Navas, Josué Méndez, Alejandra Szeplaki y Paola Vieira, por ‘Que culpa tiene el tomate?’.
Tosar repite candidatura como mellor actor, aínda que nesta ocasión terá como ‘inimigos’ a Pedro Alonso (‘Padre Casares’), Antonio Durán ‘Morris’ (‘Padre Casares’) e Luis Iglesia (‘Matalobos’). No apartado feminino as nominadas son Nerea Barros (‘Rafael’), Mercedes Castro (‘Padre Casares’), Luisa Merelas (‘Matalobos’) e María Vázquez (‘O Club da Calceta’).
Como actores de reparto están nominados Carlos Bardém, Celso Bugallo, Xavier Deive e Luis Zahera no apartado masculino e Camila Bossa, Mela Casal, Teté Delgado e Marta Etura no feminino. ‘Celda 211‘ tamén está nominada ao mellor guión, sonido, montaxe, dirección de producción, dirección artística, dirección de fotografía e maquillaxe.
Na entrega de premios, o vindeiro 15 de abril no Pazo da Cultura de Narón, elexida pola Academia pola calidade da súa programación e polas súas infraestruturas culturais, que a fan equiparable ao que poden propoñer as grandes cidades de Galicia.
Tamén haberá un oco para os mellores comunicadores televisivos (Xosé A. Touriñán, por ‘Botarse ao Monte’; Xosé Barato, por ‘A Miña Famosa Familia’; Xosé Lois Bernal ‘Farruco’, por ‘Vivir Aquí’ e Mayte Cabezas, por ‘A Revista Fin de Semana’) e para a mellor campaña publicitaria, entre a que está nominada a de Congo Producciones, ‘Maloserá! Vivamos coma galegos’.