_agenda Agenda

Emma terá a sorte de estar no Colexio Carballal

A Asociación Cultural ‘O Coto’ volta a organizar hoxe un novo ‘Sábado de cine e libros’, no que o fundamental é pasalo ben namentres podes intercambiar o teu libro favorito con outros ou disfrutar de películas de calidade que non é habitual ver nos circuítos comerciais.

Nesta ocasión poderase ver La suerte de Emma‘, un filme alemán de Sven Taddicken rodado en 2006 e Gran Premio do Público no Festival de Sevilla que fala sobre a vida e a morte. E cunha historia que non che deixará indiferente: Max, un mediocre empregado dun concesionario de coches, recibe de pronto a noticia de que padece cáncer terminal de páncreas. Proponse pasar entón os últimos días de vida nalgún paraíso mexicano, pero o azar dun accidente conduceo a unha granxa de porcos rexentada por Emma, unha moza arisca, solitaria e agobiada polas débedas. Alí Emma sacrifica ós porcos a súa maneira: os trata con cariño ata o último día. A vida de Max e Emma cambiará totalmente ao coñecerse.

Por suposto, estás invitado ao café que acompaña ao coloquio tras ver a película. Se queres máis información podes visitar a web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529.

Todo comezará ás 20 horas e durante as actividades haberá un obradoiro de xogos, lectura e manualidades para que os nenos tamén disfruten atendido por persoal da asociación. A cita será, coma sempre, no colexio público Carballal-Cabral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.