É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEn Vigo pódense facer moitas cousas (pasear pola praia, subir ao Castro, visitar museos, comer ostras…) pero había unha que ata hai nove anos non se podía ver teatro e danza contemporánea, e menos polas rúas. O Festival Alternativo ‘Alt.10‘ chega a súa terceira xornada con dúas propostas que se unen á representación de Etxea en distintos puntos de Vigo.
Monse Penela daranos dúas oportunidades de ver ‘Luz de gas’ no Marco (20 e 20:30 h). Trátase dunha reflexión poética sobre os estados que transita o corpo e que é capaz de establecer co espectador unha relación de intimidade case atropeladora.
Ás 21:30 horas, Elena Córdoba chega á Casa das Artes con ‘La mujer de la lágrima’, froito do encontro que a artista e a realizadora de cine Silvia Calle tiveron coas coleccións anatómicas en Francia. Un estudo poético sobre as representacións do corpo anatomizado que foron atopando, representacións de corpos que, aínda mostrándose como vivos, ensinan o seu interior nunha dualidade imposible.