Deportes Vigo al minuto

O Universidade de Vigo de xadrez, líder da División de Honra

Daniel Vila e Pablo González.
Daniel Vila e Pablo González.

D. Besadío/ Cun marcador final de 5-5 fronte a 0-5 a favor do equipo vigués, o Universidade de Vigo de xadrez consolidouse esta fin de semana con 37 puntos como líder na División de Honra. Nunha clara aposta do capitán pola canteira, 4 dos xogadores formados no equipo filial tiveron a súa oportunidade nesta rolda fronte ao Círculo de Xadrez de Narón, que precisaba unha vitoria para manter as súas opcións de permanecer na categoría.

Pablo González, Miguel Senlle, Rafael Rodríguez, Manuel Pena e máis o capitán acadaron as vitorias que, xunto co empate de Daniel Vila, deixaban o marcador final nun contundente 5-5 a 0-5. Con esta vitoria o Universidade de Vigo aumenta a súa vantaxe fronte ao segundo clasificado, o Marcote A, ao que lle saca cinco puntos que non lle serán doados de recuperar a falla de tan só tres xornadas para o remate da fase regular.

O seguinte rival do Universidade de Vigo será o Santa María de Caranza A, un equipo ferrolán inmerso na loita por eludir o descenso e que tentará poñer en dificultades ao líder. Con esta viaxe a Ferrol rematan as saídas, pechando a liga como equipo local fronte ao Alexandre Bóveda da Coruña e ao Karpov pontevedrés.

Doutra banda, o equipo escolar mantense tamén no primeiro posto da xeral cunha vantaxe de 3 puntos sobre o segundo clasificado. Philip Adams e Brais Otero anotaron o punto para a Universidade, mentres que Ricardo Baldwin e Samuel Villar foron derrotados. O próximo encontro disputarano en Vigo fronte ao Club Xadrez Bueu A.

Rugby

En rugby nunha fin de semana na que o Ednon descansou, o conxunto B conseguiu unha boa vitoria ante Muralla como visitante por 25 a 3. Desde o primeiro minuto de xogo os vigueses buscaron ser os protagonistas do partido e conseguiron adiantarse no marcador cando apenas ían tres minutos de xogo. Con este encontro o equipo colócase no cuarto posto da táboa a falta dun único partido no que recibirán en Vigo ao Crat.

También te puede interesar