Xa está todo listo para que os montes de Coruxo acollan a undécima edición do Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, que se celebrará esta fin de semana e que ten como reclamo a espectacularidade do descenso por Fragoselo que destacan todos os pilotos que compiten na proba. Este ano, ademáis, pensouse nos aficionados: o sábado a partir das 09:30 haberá unha pedalada popular na que poderá participar calquera persoa que quera disfrutar dun día en bicicleta polos montes de Coruxo.
A competición, de relevancia internacional, celebraráse o domingo de 11:30 a 13:30 horas e contará coa presencia dos mellores especialistas deste deporte. Os adestramentos terán lugar o venres de 09 a 18:30 horas, o sábado de 09 a 13 e de 14:30 a 15:30 horas e o mesmo domingo un par de horas antes da competición.