
Os Castroconcertos do programa Súbete ao Castro arrancan esta noite na Fábrica de Chocolate. A partires das 21 horas, Life in Green e Stoyka amenizarán a noite de todos os amantes do pop-rock. Os cinco compoñentes de Life in Green comezaron ensaiando baixo o nome de Packaway nun local de Vigo para poco despois pasar á Casa da Xuventude, onde comezaron a prepararse para o seu primeiro concerto no Castro. Despois de varios concertos e xa con 9 temas, son elexidos como un dos 10 grupos que grabarán unha maqueta na Casa da Xuventude.
Pola sua parte, Stoyka naceu en 2008 como un grupo de pop-rock aínda que tivo que esperar case un ano para conseguir entrar no programa da Casa da Xuventude en comezar a tocar nos Castroconcertos xunto a Flying Soup.