En contra do incumprimento do convenio e contra o para que afecta ao sector. Ese foi o motivo esgrimido polos trabajadores da construcción que dende ás 11 e cuarto da mañán paralizan as obras do auditorio de Vigo. A protesta, convocada pola CIG, e que foi atendida por medio cento de personas, denuncia o “incumprimento dos horarios, a falla de medidas de seguridade axeitadas e irregularidades na contratación de traballadores”.
Os concentrados, aseguraron que non abandonarán a obra se non conquiren un compromiso do propio alcalde de que se cumprirá co convenio e se axustarán tanto as xornadas laborais “que nalgúns casos superan as 12 horas”. Abel Caballero xa respostou os trabajadores asegurando que ese “é un tema que ten que arranxar a empresa” e que él nin entra nin sae no mesmo. Caballero quitoulle importancia a que as obras estivesen paradas “unhas horas” e salientou que os prazos previstos para a súa terminación non van variar.