Lamprea ao estilo máis tradicional regada cun bo viño. É o que atoparán esta fin de semana os amantes da boa gastronomía que se acheguen ata Valença para disfrutar dunha nova edición da Mostra Gastronómica ‘Sabores da lamprea do Miño’ que se celebra ata o 21 de marzo na localidade portuguesa.
Hoxe a xornada comeza cunha homenaxe aos pescadores e mariñeiros de Valença na sede da Xunta de San Pedro da Torre ás 11 horas. Para abrir boca, xa que unha hora despois inaugurarase a mostra gastronómica no lago da estación de San Pedro. Os carochos, os barcos típicos do río Miño, as redes e os demais utensilios usados na actividade marina serán un dos atractivos cos que recrear o ciclo da pesca que acompañarán na mesa cos sabores máis xenuinos do Miño. A partires das 22 horas a protagonista será a música con actuacións en vivo.