Galicia

Hoxe, xornada de solidaridade cos acampados do Naval con xantar e xogos, en Montero Ríos

AcampadosO Centro Social A Revolta do Berbés, do barrio do Casco Vello de Vigo, o Centro Social A Faísca, do Calvario, e o Centro Social O Guindastre, de Teis, organizan hoxe unha xornada de solidariedade coa acampada dos parados do naval, que cumpre  18 dias.

Esta xornada consistirá nunha comida de confraternización, ás dúas  da tarde, na que os centros sociais se encargarán de facer este xantar colectivo e aportar a infraestrutura necesaria, e ao remate haberá sobremesa, foliada e algunha actuación sorpresa máis. Á tarde haberá xogos populares e malabares, ademais dun aberto de billarda, e para rematar, proxectaranse videos realizados polo colectivo audiovisual Gzcontrainfo sobre esta acampada e sobre a folga do naval do pasado 10 de marzo.

 

También te puede interesar