Galicia

Portos de Galicia fai unha renovación de 286 sinais marítimas da costa galega

BalizaPortos de Galicia encargase do mantemento de 286 sinais marítimas emprazadas ao logo de toda a costa galega entre sinais luminosas, cegas e sonoras tanto en terra como no mar, das cales 38 están situadas na costa de Lugo, 117 na de A Coruña e 131 no litoral da provincia de Pontevedra.

Desde a súa creación no ano 1996 Portos de Galicia asumiu o balizamento dos portos e instalacións transferidos a dito organismo. Nese ano había aproximadamente un centenar de sinais marítimas que se atopaban nun estado de conservación moi deficiente, e polo tanto, desde ese momento todo o esforzo do ente público dirixiuse á mellora e incremento do número sinais que potenciaran todos os aspectos das mesmas desde o soporte ata a lanterna e os dispositivos de funcionamento.

Nun primeiro momento púxose en marcha un plan de catalogación e estado dos sinais e na actualidade pódese dicir que as axudas a navegación marítima dependentes da Comunidade Autónoma están consolidadas como unhas das mellores de España. Hai que ter en conta que Galicia e a Comunidade que maior número de sinais ten en funcionamento.

Pioneiro

Pero ademais Portos de Galicia é pioneiro na instalación de luces de diodos fotoemisores “led’s” como fonte luminosa. Están accionadas por enerxía solar, son autónomas e están selladas hermeticamente. Dispoñen dun microprocesador que controla os patróns de destello, a saída luminosa e o nivel de iluminancia de encendido/apagado, e pódense reaxustar mediante mando a distancia por infrarrojos. Polo seu deseño poden soportar colisións, inmersións, vibracións e actos vandálicos.

Nestes momentos está en fase de estudio, desenvolvemento e posta en marcha provisional mediante un sistema de control remoto, dunha parte importante destas sinais que será controlada a distancia e por medio da cal os servizos técnicos de sinais marítimas do ente público e desde os Servizos Centrais ou calquera outra dependencia portuaria, coñecerán en todo momento o estado de funcionamento das mesmas. Estas balizas corresponden fundamentalmente ás situadas nas zonas estratéxicas máis importantes ou con maior grao de peligrosidade da costa galega.

 

 

También te puede interesar