Galicia

O 14% das víctimas na ponte de San Xosé quedaron en Galicia

Unha ponte de tres días e 14 víctimas mortais nas estradas españolas. E dúas de elas, o 14 por cento, morreron en accidentes de tráfico en Galicia. Dende o xoves ás 15 horas, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 144 persoas por 96 sinistros, a maioría deles (34) ocorridos o sábado.

Case o 47 por cento dos accidentes sucederon nas estradas de Pontevedra (45 sinistros). Seguiulle en choques a provincia de A Coruña (36), Lugo (8) e Ourense (7). O 60 por cento dos atendidos seguen a ser homes e, entre os feridos, a metade eran mozos de entre 15 e 34 anos.

En 122 casos os feridos foron trasladados a centros hospitalarios, en 4 a centros de saúde e 16 foron atendidas no propio lugar do incidente. As víctimas mortais morreron no mesmo lugar do sinistro.

También te puede interesar