Comarcas Galicia

O BNG denuncia o retraso na apertura do novo Centro de Día de Mondariz

MondarizO Bloque Nacionalista Galego ven de denunciar o retraso na apertura do Centro de Día de Mondariz, logo de ter acabadas as obras tras un orzamento total de 1.131.000 €. Segundo explica nunha nota difundida hoxe, o Centro de Día, que foi ideado para dar servizo a un total de 40 prazas, segue pechado “sen que o novo xerente do Consorcio Galego de Benestar e o alcalde sexan quen de informar cando se vai poñer en servizo este equipamento, nin sequera qué sistema de selección de persoal se utilizará para poñelo en marcha.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, afirmou que a nova Xunta”pretende ceder a empresas privadas a atención de usuarios dos novos 14 centros de día espallados por todo o país, entre eles, segundo o BNG, o de Mondariz. Os nacionalistas creen que a intención da Xunta de Galicia e do Concello é acometer unha privatización duns servizos públicos de atención aos maiores e persoas dependentes que o goberno galego anterior deixara comprometidos como servizos públicos e de calidade.

O BNG esixe un sistema de xestión cen por cen público para o Centro de Día, así como a súa posta en servizo inmediata para dar satisfacción á importante demanda existente en Mondariz”, afirmou o portavoz municipal dos nacionalistas Xoán Carlos Montes Bugarín.Non imos consentir que o alcalde manteña pechado o edificio a cal e canto por incapacidade de xestión política ou por interese partidista sobre a base dun cálculo electoral que ignore ou poña nun segundo plano ás ducias de veciños e veciñas do noso concello que necesitan urxentemente este servizo básico” remachou.

 

 

 

También te puede interesar