Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másProxectan abrir unha canteira en Mondariz nun espazo proposto para ser Rede Natura
Un espazo de extraordinario interese natural e paisaxístico no Coto de Eira que opta á Rede Natura e no que calquera explotación minera destruiría flora, fauna e hábitats de forma irremediable e que tería que competir coa canteira ao aire libre que xa hai na outra beira deste monte de Cotodeira. O proxecto de canteira prevé a apertura de 3 zonas de explotación situadas nunha cubeta natural que figura na proposta de ampliación do LIC río Tea, cauce que xa figura en Rede Natura, que actualmente tramita a Consellaría de Medio Ambiente.
Por este motivo, o concello de Mondariz solicitará á Consellería de Medio Ambiente a inclusión deste espazo na Rede Natura 2000 da Unión Eurpea. O grupo municipal do BNG asegura que a canteira tería unha afección considerable sobre a cabeceira dos manantiais de dous dos principais afluentes do río Tea. O humidal constitúe unha zona de recarga fundamental para os mananciais subterráneos.
Un dos perigos potenciais sería para os manantiais da empresa Augas de Mondariz, ademais de outros para uso doméstico nas parroquias de Gargamala e Sabaxáns.
A canteira, promovida por Minor Galicia, prevé situar as súas tres zonas de explotación nunha cubeta natural dun húmidal de solos fértiles moi profundos, especialmente aptos para o pasto de gando ceibe propiedade dos veciños da zona, polo que a posta en marcha da canteira suporía a erradicación de varias explotacións gandeiras de carácter extensivo (vacas e cabalos) en todo o Monte Maior.
Ademais, en Monte Maior e Cotodeira pastan dous rabaños de vacas de raza Cachena integrados no programa de recuperación de razas autóctonas galegas en perigo de extinción. No caso das reses equinas existentes na zona, un número considerable delas están inscritas dentro do Libro Xenealóxico de Cabalo de Pura Raza Galega.