Falta xusto unha semana para poder desfrutar da XIX edición da Festa do Requesón e Mel de As Neves, pero a xente non quere perderse todas as actividades programadas ata entonces. Esta mañá preto dun centenar de persoas déronse cita na Ponte do Paz de Vide para facer un anaco do Sendeiro dos Frades, un percorrido de 18,5 quilómetros que remata na Franqueira. Nesta ocasión, a excursión foi de 9 quilómetros e rematou na Pousadouro, onde os participantes foron recibidos a ritmo de charanga e onde puideron degustar o requesón e a mel típicas da zona, unha das exquisiteces gastronómicas de As Neves.
A ruta trátase dun antigo camiño que seguía a raíña Isabel de Portugal no século XII para cruzar a ponte de madeira que atravesaba o Miño e chegar ata a Franqueira, onde descansaba no monasterio para proseguir camiño cara Pontevedra e, desde alí, a Santiago. Hoxe en día nesa ruta pódense ver maravillas feitas pola man do home que adornan o sendeiro, como pontes romanas, medievais, muiños, petos de ánimas, cruceiros, igresas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galiza.
Máis que facer
As actividades continúan esta tarde coa presentación a cargo de Pepe Carreiro do libro ‘Os Bolechas van de viaxe ao Requeixo das Neves’. O luns, haberá un seminario de cociña con requeixón (17:30 h) e o mércores 31 unha viaxe sensorial pola xeografía galega a través dos seus meles cunha cata a partires das 17 horas no Centro Social das Neves.
A Festa do Requesón e do Mel arrinca o venres 2 de abril ás 11:30 h. Pero non te perdas detalle do programa facendo click aquí.