Facer filmacións de vídeo submarino en formato 3D nos Parques Nacionais das Illas Atlánticas e no de Cabrera, en Baleares, para fomentar o ecoturismo. Estas gravacións colgaranse nunha web promocional e formativa con contidos sobre a fauna subacuática mariña que contribúa a facer compatible o aproveitamento dos recursos naturais coa súa preservación.
A través de Aquaweb creouse un portal multiformato de información sobre a biodiversidade da fauna subacuática, ademáis de distribuir contidos multimedia e crear un espazo de colaboración na que crear unha comunidade de científico, turistas e afecionados cun perfil pedagóxico común.
Para conseguilo, a web contará cunha plataforma de aprendizaxe virtual para a xestión de programas formativos orientados á promoción do respecto ao medioambiente e un espazo de comercialización de servizos relacionados con actividades turísticas e instructivas no entorno subacuático.