Como xa é habitual na Semana Santa redondelá, dende hoxe Xoves Santo daranse cita no Pavillón Municipal de Deportes moitos dos mellores equipos de fútbol sala da provincia para disputar o clásico Maratón de Fútbol Sala Concello de Redondela, que nesta ocasión cumpre 29 anos.
O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende as 16.00 horas do xoves 1 de abril ata a madrugada do día 3 cara o 4 de abril, está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala en colaboración coa concellería de Deportes e patrocinado por Umbro, a cafetería Aifos e Amoedos Rotulación. Ao finalizar o torneo entregaranse trofeos aos 4 primeiros clasificados, ao equipo menos goleado, á deportividade, ao mellor xogador e ao máximo goleador.