Vigo al minuto

O 90% do Casco Vello estará reformado a finais deste ano

Casco Vello de Vigo/Tresyuno Comunicación900.000 €. Esa é a cantidade que investirá o Concello na mellora dos servizos públicos do Casco Vello, nunha nova fase das intervencións con cargo aos fondos do Plan E. As obras previstas levaranse a cabo tanto na parte alta do barrio como na súa parte baixa, segundo informou hoxe o tenente de alcalde.

«O 2010 vai ser o ano no que poderemos visualizar que entre o 80% e o 90% o Casco Vello estará recuperado«, asegurou Santiago Domínguez quien salientou que se da resposta ás «demandas históricas da veciñanza«. As obras pasan pola mellora do abastecemento da rede de auga e do alcantarillado, así como na instalación dunha rede separativa de saneamento, a mellora do alumeado, instalación da rede de gas e a mellora do entramado viario.

Na zona baixa do Casco Vello as obras afectarán ás rúas Oliva e Real, así como a Praza da Pedra e ao contorno da Colexiata, cun total de 1.700 metros cadrados e un orzamento de 695.000 €. Ao respecto, Domínguez indicou que na maior parte da superficie “está previsto conservar o pavimento existente“. Na parte baixa, as actuacións serán na Subida ao Castelo e na súa extensión á rúa Hortas, cunha superficie de 460 metros cadrados e 184.000 € de orzamento. Respecto ao pavimento desta zona sinalou que será preciso substituirlo na súa maior parte, xa que está «bastante deteriorado«. Estas actuacións comezarán na primeira semana de maio e remataranse a finais de outono.

O tenente de alcalde engadiu que estas intervencións se completarán coas actuacións previstas no Plan E e nos orzamentos municipais, que se centrarán na mellora do alumeado, na orzamentación do barrio e na instalación do microbús, entre outras iniciativas, así como na recuperación das fachadas do Berbés.

Os coidadores de barrio, ate o 31 de maio

Sobre o futuro do programa de coidadores de barrio, Domínguez aclarou que se trata dun servizo que depende do Consorcio do Casco Vello e que foi impulsado por el mesmo cando era presidente desta entidade e que remata o 31 de maio, polo que é preciso saber que pensa facer a actual dirección do Consorcio ao respecto. «Si podo dicir que estamos traballando para buscar fórmulas que permitan manter o servizo», salientou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.