O 5 de abril de 1910 Tui foi escenario da celebración por vez primeira en Galicia da ‘Festa da árbore’, promovida polo enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal e coa que se pretendía promover a reforestación e o respeto ao medio ambiente como elemento básico de progreso. Hoxe, no seu centenario, Tui organiza unha serie de actividades para continuar con este legado.
A partires das 11..30 horas os interesados poderán participar nunha visita guiada polas árbores senlleiras dos xardíns e alamedas da cidade que comezará na Glorieta de Vigo. Ás 12:30 horas seguiralle unha charla sobre o centenario no Museo Municipal, o antigo convento de San Domingos.
O acto institucional producirase ás 13 horas na Alameda co descubrimento dunha placa conmemorativa, o discurso do alcalde e a plantación dunha árbore. E como premio, ao final de todos os actos repartiranse entre os presentes ata 500 árbores de ‘Quercus robur’, Betula celtibérica e Prunus avium.
Xa hai cen anos a festa celebrouse coa plantación de 300 exemplares na Alameda da cidade e nos alrededores. Hoxe, grazas a esta iniciativa temos o viveiro forestal Áreas ou o parque natural do Monte Aloia.