Deportes

O ‘Petanca Arena’ estará en Barreiros

PetancaCatro pistas de padel, as primeiras públicas da cidade, catro máis descubiertas e outras tantas cubertas, duas pistas de chave e cinco de petanca, ademáis dunha de skate, aos que haberá que engadir un edificio semisoterrado para vestiarios, oficinas e aseos. Así será o novo Complexo Deportivo de Barreiro que presentou hoxe o tenente de alcalde. Santiago Domínguez informou que este polideportivo ocupará unha gran zona verde, e completará a oferta deportiva de Lavadores, xa que ao seu carón se atopa o complexo de auga.

Domínguez salientou que este proxecto está pensado coma nunha área deportiva “aberta e de autoxestión“, na que calquer veciño ou veciña poderá facer uso das instalacións “sen ningún tipo de burocracia administrativa” e que, ademáis daqueles espazos, estará dotado dunha pista descuberta de 23×44 metros cadrados, para practicar fútbol sala, baloncesto ou balonmano.A obra estará rematada a finais de ano, conta xa cun orzamento de 1.130.000 € do Plan E.

Esta nova dotación deportiva únese ao complexo de Navia, que terá un pavillón e campo de herba sintética, as instalacións de Cabral, ás piscinas de Barreiro e Florida e as que se arranxen na ETEA dacordo co convenio asinado entre Concello e Zona Franca para a mellora da zona deportiva, proxecto que, ademáis está recollido no pacto local de goberno entre PSOE e BNG.

Plano do novo compleo deportivo de Barreiro
Plano do novo compleo deportivo de Barreiro

También te puede interesar