Por tan só medio punto non conseguiu arrebatarlle o primeiro posto a David Gómez, do Xadrez Ourense. E todo polas numerosas táboas que acadou nas distintas rondas mentres Gómez gañaba. Samuel Villar, xogador do Xadrez Galego-Universidade de Vigo quedou subcampión galego sub-16 no torneo celebrado a semana pasada en Padrón e que se ven sumar ao campionato galego sub-18 conseguido polo rapaz fai xa dous meses.
Mentres, a pesar da vantaxe acadada o vigués Rafael Rodríguez, Mestre Internacional da Universidade de Vigo, non puido revalidar o seu título e tivo que conformarse co terceiro posto no Campionato Galego Absoluto ao tropezar na sexta rolda. A coroa arrebatoulla outro membro do Xadrez Ourense, Fernando Sánchez.