Os máis pequechos de Mos poderán desfrutar o vindeiro domingo 18 de abril dun día co ciclista mosense Óscar Pereiro e co seu compañeiro do equipo Astana, Alberto Contador, nunha excursión a Santiago de Compostela no día en que se celebra a etapa final da Volta a Castela e León na que participan ambos corredores e que este ano remata na capital galega con motivo do Xacobeo 2010.
Só poderán ir os 50 primeiros inscritos, aínda que se está a estudiar a posibilidade de ampliar o aforo. Os nenos de entre 6 e 14 anos terán que anotarse ou pedir información no centro Multiusos das Pozas ou chamando ao teléfono 986 33 94 04. O autobús sairá de Mos ás 10:30 horas e regresará ás 17:30 horas. Xa en Santiago, os rapaces terán reservada unha zona na que poderán pedir autógrafos aos seus ídolos e facerse fotos con eles e recibirán camisetas, bocadillos e refrescos.
A vindeira iniciativa será a IV Marcha de Mountain Bike Concello de Mos, que celebrarase o 23 de maio a partir das 09:30 horas e que estará incluida no Calendario de Marchas BBT de Galicia.