Aínda falta unha xornada para o remate da competición, o Universidade de Vigo de xadrez xa é campión da Liga Galega tras facer esta semana un dos mellores encontros da tempada. O 5.5-0.5 en casa ante o Alexandre Bóveda permítelles estar matematicamente clasificados e xogar relaxados ane o Karpov A.
O encontro comezou cos vigueses ao máximo nivel, que se quedaron cun empate da man de Manuel Pena e a vitoria do resto dos xogadores do equipo. Grazas a este resultado o Universidade de Vigo faise por terceiro ano consecutivo coa Liga Galega, unha vitoria moral importante sobre o Marcote A, o equipo de máis alto orzamento de Galicia, un dos mellores equipos a nivel nacional e cunha nómina de Grandes Mestres Internacionais de altísimo nivel.
O sábado e na casa os universitarios porán o peche definitivo á Liga ante o Karpov A, que loita pola cuarta praza e, no caso de acala, podería ser o rival do Universidade na semifinal da Final a Catro para obter o título de Campión Galego 2010.