Destacados Vigo al minuto

300 expertos de 50 universidades falan de lingüística en Vigo

Atlas lingüísticos, tradutores automáticos, estudos sobre linguas minorizadas… son só algúns exemplos dos resultados que acadan no día a día do seu traballo os chamados lingüistas aplicados, expertos da lingua que teñen como tarefa principal dar pistas á sociedade sobre as múltiples utilidades prácticas que pode ter a sintaxe.

Co obxectivo de pórse ao día sobre as últimas investigacións neste campo dende hoxe e ata o vindeiro sábado reúnense en Vigo máis de 300 expertos procedentes de 50 universidades españolas, europeas, americanas e asiáticas no XXVIII Congreso da Asociación Española de Lingüística Aplicada, AESLA.

O congreso conta con 10 paneis temáticos no que se exporán traballos sobre tradución, ensinanza e aprendizaxe de linguas, psicolingüística, análise do discurso… para o que se contará coa participación de primeiras figuras mundiais neste sector, como Sylviane Granger, da Universidade Católica de Lovaina en Bélxica, que foi a encargada de impartir a conferencia inaugural; Ruslan Mitkov, un número un da lingüística computacional, ou Pilar García Mayo, autora de numerosos estudos sobre adquisición de linguas en contextos bilingües e trilingües, un caso especialmente interesante no caso de Galicia, co debate na rúa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.