En total, máis de 500 persoas, dos que 366 son atletas de Special Olympics Galicia con algún tipo de discapacidade intelectual, teñen unha cita no pavillón das Travesas o vindeiro domingo 18 de abril para participar nos XIV Xogos Autonómicos de Baloncesto Vigo 2010, unha iniciativa que busca normalizar a vida destas persoas. A meta non é acadar méritos deportivos, senón capacidades motóricas mediante a práctica de deporte terapéutico.
Despois dun desfile como nas Olimpiadas, ás 10:45 horas terá lugar a inauguración oficial. Ás 12 horas comezará a actividade deportiva organizada en niveis tendo en conta a igualdade de oportunidades e, a clausura, será ás 19 horas.