Un dos grandes especialistas na gaita escocesa do mundo chega esta tarde (20 horas) ao auditorio do Multiusos do Paseo da Xunqueira de Redondela para ofrecer un concerto único. Trátase do gaiteiro Patrick Molard, que traerá un recital excepcional de música de gaita escocesa, irlandesa e bretona, con temas tanto tradicionais como de autor. Incluso incluirá no repertorio ‘Piobaireachd’, unha canción de tradición oral elaborada hai 4 séculos nas illas Hebridas e que ven transmitíndose ata os nosos días de boca a oído.
Un dos reponsables directos do rexurdimento da música bretona, Molard ten formado parte de numerosos grupos e creou un dúo excepcional de gaita e guitarra con Dan Ar Bras. Durante tres anos consecutivos gañou o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient e no ano 1984 graba o seu primeiro disco.
Dende entonces non parou de dar pasos no camiño da consagración.