E non só porque acolla a gala que se celebrará o vindeiro 22 de abril no Centro Cultural Caixanova (20 h), senón porque dos 16 atletas profesionais, equipos, entidades e institucións vinculados ao mundo do deporte premiados nun evento presidido por Alberto Núñez Feijóo, gran parte ou son de Vigo ou están vinculados á cidade.
O xurado analizou currículums de altísimo nivel para valorar o rendemento dos profesionais do deporte e os niveis de éxito acadados polos clubes galegos. Deste xeito, a xogadora viguesa de balonmán, Begoña Fernández, a millor pivote mundial, leva o premio á mellor deportista feminina polo seu tesón e afán de superación. Pola súa parte, o palista de Cangas Carlos Pérez, ouro en Pekín, leva o galardón como mellor deportista masculino.
O arousán de 21 anos Raúl Bouzas, taekwondista e campión de Europa sub-21, recollerá o premio ao mellor deportista revelación. Victoria González, prata no Campionato de Espala de esquí adaptado, e Chano Rodríguez, por marcarse e conseguir retos só ao alcance dos heroes, son os mellores deportistas discapacitados feminino e masculino.
O coruñés Liceo de Hockey patines consegue a mención como mellor equipo masculino por estar na élite deportiva e por quedarse ás portas de ser tricampeón ao quedar segundo na Liga. Como mellor equipo feminino, Trainera Rías Baixas, gañador en a Concha por segundo ano e campionas da Liga ACT e da Liga Galega. O Amfiv, sede da fase final da André Wergauwen Cup, mellor equipo discapacitado.
Fran Teixeira é recoñecido como mellor adestrador e María Jesús Llevot como mellor árbitro. O Divino Maestro de Ourense recollerá o galardón como mellor centro educativo, o Club Baloncesto A Coruña como mellor entidade de promoción de base, o Diario de Pontevedra á mellor labor informativa, o Patín Classic Surf ao mellor evento deportivo e Pescanova ao mellor patrocinador. O mellor concello, o de Lourenzá polos seus programas con escolas deportivas.